achégate a nós
A Carnicería Carlos é unha empresa familiar fundada en 1977, somos a terceira xeración de carniceiros ao cargo da empresa. A través destes anos non so evolucionou a xerencia, senón tamén as formas, o local, os empregados, as certificacións e, en definitiva, a calidade nos servizos. Caracterízamonos por un trato e un asesoramento personalizado, como parte do comercio local, cun perfil de cliente que busca a calidade de produto.
Diferenciámonos da competencia na selección exhaustiva das materias primas. Os nosos produtos son mercados a produtores locales, esta é a nosa aposta por un consumo responsable e sostible no sector. Todos os nosos polos e galos son de cría ecolóxica, os porcos son de granxas cunha alimentación baseada en cereais (non cárnicos).